5 jun 2012

Adecentamento da praia fluvial

O Concello de Fornelos de Montes e a Asociación
de Veciños colaboran xuntos para que a zona da 
piscina fluvial sexa un encanto.

O Concello empedrou o chan xunto á piscina e a Asociación de Veciños deulle uso as pedras que estaban no terreo, que levaban tempo esperando un destino. Fixeron unha mesa e dous bancos no que apartir de agora calquera que se achegue a piscina poderá disfrutar dunha boa merenda baixo a sombra do carballo. Ademais as tres pedras que quedaban utilizouse para a ponte medieval, xa que esta pedra intégrase mellor na ponte debido a erosión. 
O Concello tamén fixo traballos de desbroces 
no entorno da piscina  e sacou parte do cemento restante no terreo.
 A Asociación de Veciños e a constructora Silvareira traballan a un bo ritmo na obra de restauración dos muiños e o seu entorno. 







Retirada de cemento da Ponte Medieval
Por fin a nosa ponte recobra o seu aspecto orixinal.


No hay comentarios:

Publicar un comentario