29 dic 2011

RECOLLIDA DE ALIMENTOS E VERMOUTH EN BOA COMPAÑÍA




Se che apetece colaborar con os que máis necesitan e á vez conviver con os teus veciños, acércate o domingo día 8 de xaneiro, a partir das 11:00 hrs. na Casa do Pobo de A Laxe, trae calquera alimento non perecedeiro e invitaremoste a un vermouth con aperitivo. 

8 dic 2011

·     

·         NIN  AGOSTO  CAMIÑAR  NEN  DECEMBRO  NAVEGAR

·         POR  SANTA  LUCIA  COMENZA  A  CRECER  O  DIA

·         ¡SAN  SILVESTRE  MEIGAS  FORA!

·         TRAS  O  VERAN  DE  SAN  MARTIÑO  CHEGA  O  NADAL  CO  SEU INVERNIÑO.

·         SE  QUERES  UN  BO  ALLAL  SEMENTEO  NO  MES  DE  NADAL

·         DENDE  SANTA  LUCIA  MINGUA  A  NOITE  E  MEDRA  O  DIA

·         SE  A  NOITE  DE  NADAL  FAI  ESCURO  SEMENTA  NO  TERRON  DURO

·         O  QUE  A  SAN  SILVESTRE   VAI  E  ALA  DORME  NUN  ANO  E  NO  OUTRO  VOLVE.



    14 nov 2011

    Refraneiro Novembro



    Mes  de  novembro: Tamén chamado mes de santos.

    DE SANTOS  A  NADAL E  INVERNO  NATURAL


    POLO  SAN  ANDRES  NEVE  NOS  PES


    POR  SAN  MARTIÑO  NON  PLANTES  FABAS  NIN  LIÑO


    POR  SAN  MARTIÑO  XA  SE  COÑECE  O  VIÑO


    AO  CHEGAR  O  SAN  MARTIÑO  MATASE  O  PORCO  E  PROBASE  O  VIÑO


    ¡BENDITO  MES  QUE  EMPEZA  EN  SANTOS  E  ACABA  CON  SAN  ANDRES!


    POLO  SAN  MARTIÑO  MATA  O  TEU  PORQUIÑO


    POLO  SAN  MARTIÑO  ANDAN  AS  NOCES  O  ROLIÑO


    DESPOIS  DE  SAN  MARTIÑO  DEIXA  A  AUGA  E  BEBE  O  VIÑO


    NAVEGAR  E  CASAR  NON  PODEN  ACONSELLAR


    UNS  NACEN  PRA  SANTOS  E  OUTROS  PARA  PES  DE  BANCOS


    A  SEREO  OUTONO  INVERNO  VENTOSO


    O  VERAN  DE  SAN  MARTIÑO  SON  TRES  DIAS  E  UN  POUQUIÑO


    ENTRE  SANTOS  E  NATAL  ARRIEIRIÑO NON VAIAS  O  SAL  POIS  PERDES  AS  MULAS   E  O  MATERIAL





    6 oct 2011


    Refraneiro Outubro




    A  HORTA  EN  OUTONO MANTEN  AO  SEU  DONO
    POLO SAN  LUCAS  SABEN  AS  UVAS  PORQUE  HAI POUCAS  OU  NINGUHAS
    POLO  SAN  SIMON  APRETA  O  BADON
    NAVEGAR  CONTRA  O  VENTO  CUSTA  TRABALLO  E  TEMPO
    OUTONO  QUENTE  TRAE  O  DEMO  NO  VENTRE
    FLORES EN OUTONO FAME  NO  ANO  NOVO
    AS  BERZAS  EN  OUTONO  COMEN  AO  SEU  DONO
    A  AUGA  EN  OUTONO  NON  LLE  CONVEN  NIN  AO  XORNALEIRO  NIN  AO  SEU  DONO
    A  LUA  DE  OUTUBRO  SETE  LUAS  CUBRE  E  SE  CHOVE  NEVE
    SE  EN  OUTUBRO  SINTES  FRIO  AOS  TEUS  ANIMAIS  DALLES  ABRIGO
    POLO  PILAR  OS  NABOS  NA  TERRA  E  O  VIÑO  A  ENVASAR

    3 oct 2011

    Tellado dos muiños


    Xa lle puxeron as tellas aso muiños De Baixo, do Zapateiro e ao da Carballeira. Por certo, este muiño, o da Carballeira, antes do desbroce non se miraba.

    19 sept 2011








    Refráns populares para o mes de setembro

    • SETEMBRO FRUTEIRO,ALEGRE E FESTEIRO.
    • POLO SAN MIGUEL ESTAN AS UVAS O MESMO CO MEL.
    • SETEMBRO OU LEVA AS PONTES OU SECA AS FONTES.
    • EN SETEMBRO COLLE O VIÑO E NON DURMAS NO CAMIÑO.
    • EN SETEMBRO COME E VENDE PERO NON SEXA TANTO COMER Q NON DEIXES VENDER.
    • EN SETEMBRO E OUTONO BEBE O VIÑO VELLO E DEIXA ESTAR O NOVO
    • LUA NOVA CON TROADA TODA A LUA DE INVERNADA.
    • EN SETEMBRO COLLEITA E NON SEMENTES.
    • SE QUERES TER BO MEL CATA AS COLMENAS POLO SAN MIGUEL.
    • SE CHOVE POLO SAN SERONIMO MAL INVERNO VE DE CAMIÑO.

    14 sept 2011

    Finalizou o curso de herbas

    O curso de herbas impartido por José del Río e organizado pola Asociación de Veciños O Cruceiro finalizou o mes pasado cun percorrido polos camiños da Laxe para recoñecer as plantas das que estivemos falando durante o curso e outras curiosidades.
    Pasamos un rato estupendo, paseando, falando e comendo moras, en boa compañía. Tamén estiveron con nós dous alunos de galego que viven en Londres, que son do máis simpático.

    Festa patronal e pulpada 2011

    O día do pulpo houbo moita xente e a festa estivo moi animada. A orquestra "Estrellamar" animou o persoal cos seus cambios de vestiario e ese puntiño de Brasil estivo ben. E o trío "3.com" xa é un asíduo das festas da Laxe.
    O día seguinte, a xente non faltou a procesión e sesión bermouth e pola tarde gustou moito a nova inciativa de traer para os nenos o touro mecánico e o inchable.
    Os veciños tamén puideron disfrutar xuntos dunha proxección de vídeos e imaxes de festas desde 1985, fimadas por Antonio Avión, grazas ao proxector e pantalla que tuveron o detalle de prestarnos os nosos párrocos Lence e Gonzalo. Máis fotos en http://fotos.hispavista.com/festadalaxe2011

    Fotos do Serán do día 27 de agosto de 2011


    Fixemos un churrasco para os veciños con bizcocho de cenoura e cobertura de chocolate e café incluido. Viñeron as pandeireteiras e un gaiteiro de Lugo e tocaron coas pandereteiras da Laxe (Maruja, Gloria e Rosa) e cos gaiteiros Walter e Graciano, Juan e Manuel.
    Os veciños animáronse a bailar ata ben entrada a madrugada. Máis fotos en http://fotos.hispavista.com/seranfestadalaxe2011

    Xa Empezaron os desbroces da ruta dos muiños


    A Semana pasada empezaron as obras de desbroces dos muiños. Detrás do muiño da Carballeira (chámase así se non me equivoco), agora abriuse un camiño ancho, sen silvas e sen fentos. Un lugar fermoso.
    Máis fotos en http://www.facebook.com/photo.php?fbid=135090819922287&set=a.135090536588982.24736.100002641107905&type=1&theater

    Xogos Populares 2011


    O 2 de setembro tivo lugar, na praza do Pobo, tivo lugar a  II Edición dos Xogos Populares.
    Ainda que era un venres pola tarde, os nenos e maiores apareceron.
    Xogamos ao xogo da mazás, cadeiras, comba, sacos. O Hiper Froiz regalounos refrescos e globos. Mourente Motor e Hípica Gobi tamén colaboraron.
    Máis fotos en http://fotos.hispavista.com/xogospopulares