28 ago 2012


A Cantante galega que representou a España en Eurovisión, actuará na Laxe, o día 7 de setembro, durante a celebración da súas festas. 
Haberá, como é habitual, Pulpada, a partir das 20:30 hrs. e ao finalizar, actuación dunha orquestra e de Lucía Pérez. 
O día 8, celebrarase a Festa da Laxe. 

Estas lindas mazás pódese encontrar no Cutiño - Casal (A Laxe).

27 ago 2012


Con un pouco de retraso, deixovos o refraneiro popular para o mes de agosto. Ven doutra colleita porque o agricultor habitual en agosto non é moi puntual. 

  • A castaña no agosto quere arder, e no setembro beber.
  • A castaña no agosto quere beber e no setembro comer.
  • A castaña quere en agosto arder e en setembro beber.
  • A chuvia no mes de agosto non é chuvia, que é mel e mosto.
  • A sombra quer ser de agosto, i o sol, de setembro.
  • Agosto a madura e setembro vendima a uva.
  • Agosto e setembre non duran sempre.
  • Agosto e vendima non son cada día.
  • Agosto e vendima non son cada día e si cada ano, uns con ganancia e outros con dano.
  • Agosto e vendima non son cada día e si cada ano, uns con proveito e outros con dano.
  • Agosto fáiselle maio ó que non ten pan sementado.
  • Agosto, frío no rostro.
  • Agosto madura e setembro vendima as uvas.
  • Agosto nos farta e agosto nos mata.
  • Agosto pasou, quen mallou, mallou.
  • Auga de agosto, azafrán, mel e mosto.
  • Cando chove por agosto, chove mel e mosto.
  • Ceba o porco desde agosto se queres que estea gordo.
  • Ceba o teu porco dende o mes de agosto se queres que teña bo lombo.

Ceba o teu porco polo agosto se queres ter bo porco.
  • Ceba o teu porco polo agosto se queres ter bo porco.
  • Chuvia na semana da Ascensión cría nos trigos mourón, pro é un regalo San Pedro co seu xerro, San Cristobo co seu cobo, Santa María coa súa regazadiña, Santiago co seu canado, San Lorenzo co seu caldeiro penso, Nostra Señora coa súa ola e San Miguel co seu tonel.
  • Dálle verzas en agosto se queres ver ó teu home morto.
  • De san Xoán, Santiago e agosto, mulleres, non son voso; dende Nadal a marzo, estarei ó voso lado.
  • Despois da Peregrina, o inverno vén enriba. [1]
  • Despois de Santa María, non tóque-lo porco da ría. [2]
  • Deus nos aparte do polvo de maio e da lama do agosto.
  • Deus nos aparte dos polvos de maio e da lama de agosto.
  • Eí vén san Lorenzo co caldeiro penso. [3]
  • En abril, cátanos no cubil; en maio, xa son bo gallo; en san Xoán xa lle dou a carreira ó can; en santa Mariña xa vou pola cabritiña; en agosto xa vou co meu pai polo rostro; en Santos xa mato os bois nos campos e en xaneiro xa podo co carneiro.
  • En agosto, as castañas arder e en setembro beber.
  • En agosto come as sardiñas ben a gosto.
  • En agosto chove mel e mosto.
  • En agosto dá frio no rostro.
  • En agosto está a auga tras do toxo.
  • En agosto máis vale que sobre pan que non que falte viño.
  • En agosto, nin muller nin mosto.
  • En agosto, nin viño nin mosto.
  • En agosto, nin viño, nin muller nin mosto.
  • En agosto, o porco pon o entrecosto.
  • En agosto secan as fontes e en setembro arden os montes.
  • En agosto secan as fontes, e en setembro, os montes.
  • En agosto secan os montes, e en setembro, as fontes.
  • En agosto, sol posto, noite connosco.
  • En agosto, viño mosto.
  • En marzo, nazo; en abril, estou no cubil; en maio, xa saio; en san Xoán, xa fuxo ó can; en santa Mariña, xa pillo a galiña; e en agosto, xa son bo raposo.
  • En Santiago e agosto estroupelear, que é tempo do liño mazar.
  • Habendo neboeira o día de San Pedro Fiel, castañas furadas e nabos ruís. [4]
  • Limpa e arranxa a eira cando está agosto á beira.
  • Néboa no san Pedro Cid, castañas furadas e nabos ruíns. [5]
  • Nin en agosto camiñar, nin en decembro navegar.
  • No agosto, a fariña, e no setembro, a fouciña.
  • No agosto, sol posto, noite connosco.
  • Non é bo mosto o que se colle en agosto.
  • Non hai lúa coma a de xaneiro nin amor coma o primeiro, senón a de agosto, que lle dá no rostro.
  • O becerriño en agosto ten frío.
  • O cocho no agosto pon o entrecosto.
  • O mes de agostiño fai bo viño.
  • O mes de agostiño fai o bo viño.
  • O mosto que se colle en agosto, non é mosto.
  • O porco en agosto pon o entrecosto.
  • O que en abril come sardiña, aínda en agosto pícalle a espiña.
  • O que en agosto ou setembre non dá cebada, en San Xoán non fai xornada.
  • O que en xaneiro non cava os terróns, en agosto queima os collóns.
  • O que queira ter bo entrecosto que cebe no agosto.
  • O que queira un bo entrecosto que o meta no mes de agosto.
  • O rocío de agosto dá polo rostro.
  • O vento de abril e a lama de agosto matan o viño anque sea no mosto.
  • Os rocíos de agosto son mel e mosto.
  • Pasados os Remedios e san Roque, xa non hai sesta nin merendote.
  • Poeira en abril, lama en agosto.
  • Polo agosto vale máis viña que mosto.
  • Polo san Bartolo, a boa fiandeira comeza a súa tea, e a máis lixeira pola Madalena. [6]
  • Polvo en abril, lama en agosto.
  • Polvo no maio e lama no agosto, anda o tempo descomposto.
  • Polvo no maio e lama no agosto, pon ó labrego de mal rostro.

Por agosto vale máis viño que mosto.
  • Por agosto vale máis viño que mosto.
  • Por santa Mariña deita o pobre a súa galiña.
  • Por santa Mariña deixa o sacho e colle a fouciña.
  • Por santa Mariña mata a túa galiña.
  • Por santa Mariña sementa a nabiña.
  • Porco agostado é medio cebado.
  • Primeiro de agosto, primeiro de inverno.
  • Se chove en agosto, non gastes diñeiro en mosto.
  • Se chove moito en agosto, non gastes diñeiro en mosto.
  • Se chove o día de san Pedro Fiz, castañas furadas e nabos ruís.
  • Se chove o día de san Pedro Fiz, castañas malas e bolecos ruís.
  • Se en agosto e setembre non dás cebada, en todo o ano non poñas albarda.
  • Se en agosto e setembro non hai cebada, no resto do año non poñas albarda.
  • Se en xaneiro tose o neno, non teñas medo; se tose no mes da sega, pode ir pra terra.
  • Se hai neboeiro día San Pedro Fiz, castañas furadas e nabos ruíns.
  • Se o mes de agosto vén claro, bo magosto e bo nabo e se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados.
  • Se o mes de agosto vén craro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados.
  • Se queres colle-lo entrecosto, empeza a cebar en agosto.
  • Se queres graxiña, cébao na santa Mariña.
  • Se queres ter bo lombo, ceba o porco desde agosto.
  • Se queres ter un bo porco, cébao no mes de agosto.
  • Vale máis nubrado de agosto ca sol de setembro.
  • Vale máis nubrado en agosto que sol de setembro.

[editar]Cantigueiro

  • Caseime no mes de agosto/ porque había moito pan,/ o forno da miña sogra/ cría o fiollo no vran.
  • Naquela banda do río/ ten meu pai un castiñeiro,/ dá castañas en agosto,/ uvas brancas no xaneiro.
  • O creguiño de Sueiro/ mui pequeño se quedou/ que naceu no mes de agosto/ e coa seca non medrou.
  • O día tantos de agosto,/ deste ano que corremos,/ chegounos un bo señor/ recoller cantos galegos.

[editar]Léxico

  • Agostar significa murcha-las plantas pola calor e a secura propias deste mes, pero tamén se denomina así á acción de ara-la terra inmediatamente trala sega, para que se sequen as plantas daniñas.
  • Agostiño, como adxectivo, califica un animal nacido neste mes ou un froito que madura en agosto.
  • Cereixa agostina é unha variedade de cereixa de pequeno tamaño.
  • Mazá agustina é unha variedade de mazá temperá que madura en agosto.
  • Pera de san Roque é unha variedade de pera [7].