19 sept 2011








Refráns populares para o mes de setembro

• SETEMBRO FRUTEIRO,ALEGRE E FESTEIRO.
• POLO SAN MIGUEL ESTAN AS UVAS O MESMO CO MEL.
• SETEMBRO OU LEVA AS PONTES OU SECA AS FONTES.
• EN SETEMBRO COLLE O VIÑO E NON DURMAS NO CAMIÑO.
• EN SETEMBRO COME E VENDE PERO NON SEXA TANTO COMER Q NON DEIXES VENDER.
• EN SETEMBRO E OUTONO BEBE O VIÑO VELLO E DEIXA ESTAR O NOVO
• LUA NOVA CON TROADA TODA A LUA DE INVERNADA.
• EN SETEMBRO COLLEITA E NON SEMENTES.
• SE QUERES TER BO MEL CATA AS COLMENAS POLO SAN MIGUEL.
• SE CHOVE POLO SAN SERONIMO MAL INVERNO VE DE CAMIÑO.

14 sept 2011

Finalizou o curso de herbas

O curso de herbas impartido por José del Río e organizado pola Asociación de Veciños O Cruceiro finalizou o mes pasado cun percorrido polos camiños da Laxe para recoñecer as plantas das que estivemos falando durante o curso e outras curiosidades.
Pasamos un rato estupendo, paseando, falando e comendo moras, en boa compañía. Tamén estiveron con nós dous alunos de galego que viven en Londres, que son do máis simpático.

Festa patronal e pulpada 2011

O día do pulpo houbo moita xente e a festa estivo moi animada. A orquestra "Estrellamar" animou o persoal cos seus cambios de vestiario e ese puntiño de Brasil estivo ben. E o trío "3.com" xa é un asíduo das festas da Laxe.
O día seguinte, a xente non faltou a procesión e sesión bermouth e pola tarde gustou moito a nova inciativa de traer para os nenos o touro mecánico e o inchable.
Os veciños tamén puideron disfrutar xuntos dunha proxección de vídeos e imaxes de festas desde 1985, fimadas por Antonio Avión, grazas ao proxector e pantalla que tuveron o detalle de prestarnos os nosos párrocos Lence e Gonzalo. Máis fotos en http://fotos.hispavista.com/festadalaxe2011

Fotos do Serán do día 27 de agosto de 2011


Fixemos un churrasco para os veciños con bizcocho de cenoura e cobertura de chocolate e café incluido. Viñeron as pandeireteiras e un gaiteiro de Lugo e tocaron coas pandereteiras da Laxe (Maruja, Gloria e Rosa) e cos gaiteiros Walter e Graciano, Juan e Manuel.
Os veciños animáronse a bailar ata ben entrada a madrugada. Máis fotos en http://fotos.hispavista.com/seranfestadalaxe2011

Xa Empezaron os desbroces da ruta dos muiños


A Semana pasada empezaron as obras de desbroces dos muiños. Detrás do muiño da Carballeira (chámase así se non me equivoco), agora abriuse un camiño ancho, sen silvas e sen fentos. Un lugar fermoso.
Máis fotos en http://www.facebook.com/photo.php?fbid=135090819922287&set=a.135090536588982.24736.100002641107905&type=1&theater

Xogos Populares 2011


O 2 de setembro tivo lugar, na praza do Pobo, tivo lugar a  II Edición dos Xogos Populares.
Ainda que era un venres pola tarde, os nenos e maiores apareceron.
Xogamos ao xogo da mazás, cadeiras, comba, sacos. O Hiper Froiz regalounos refrescos e globos. Mourente Motor e Hípica Gobi tamén colaboraron.
Máis fotos en http://fotos.hispavista.com/xogospopulares