30 oct 2012

CURSO DE XABÓNS

O curso de xabóns deixa estas bonitas imaxes. 

 Primeiros xabóns do curso. Cada vez o facemos mellor. 
 Xabón bicolor
 Unha maravilla. Penso que esta a fixo o alumno máis aplicado
 Xabóns para todos os gustos. 
 Probaremos ata que nos saian perfectos.
Un veciño quixo ver como faciamos o xabón.
 Fora non hai perigo de intoxicación. 
 Menos mal que temos espazo para por todo o material
 Coa batidora é moi rápido. Maruja é unha esperta. 
 Un xabón multicolor con moitas propiedades
 ...mira para que era a pata da mesa
Xabóns multicolor. O curso é super entretido.

 Antonio e os seus moldes. É o alumno máis aplicado. 
 Que bonito!!
 Ana (a profe) é unha artista
Haber como queda despois de desmoldalo...
Parece un postre de chocolates.

16 oct 2012

REFRANEIRO OUTUBRO


  • A lúa de octubre a sete cubre, e se chove, nove.
  • A verdura de San Simón dá pró amo e mais pró ladrón. [1]
  • A verdura en outono cómea o seu dono.
  • Áncoras ó fondo, que chega San Simón.
  • Arriba, putas, que aí veñen as san Lucas. [2]
  • As avenidas de San Simón, antes ou despois sonadas son.
  • As enchentes de San Simon sonadas son, ou antes ou despois enchen o carro e mais os bois.

En outubro, a terra esterca e cobre.
  • De setembro a San Simón non cóma-lo mexillón. [3]
  • En octubre, a terra estercola e cobre.
  • En san Francisco trae a vela, en San Xosé lévaa. [4]
  • O día de San Lucas mata o teu porco e barra as túas cubas. [5]
  • O que deixa a Coaresma e as festas de san Lucas, dígao a incrusa.
  • Pasados os Remedios e san Roque, xa non hai sesta nin merendote. [6]
  • Polo Pilar, os nabos na terra e o viño a envasar. [7]
  • Polo san Lucas saben ben as uvas.
  • Polo san Lucas solta os bois, mata os porcos e tapa as cubas.
  • Polo san Simón, áncoras ó fondón.
  • Polo san Simón apreta o baldón. [8]
  • Polo san Simón proba o viño, e o porco polo san Martiño.
  • Polo San Simón tapa o portelo da sazón, o da resteva non.
  • Por San Francisco bota o liño mourisco, se o botas en San Simón nin da estopa nin estopón.

Polo san Simón apreta o baldón.
  • Por san Francisco, risco, risco.
  • Por san Luca alza o boi da suca, mata o porco e tapa a cuba.
  • Por san Martiño e san Xudas, piñeiriña das túas uvas. [9]
  • Por san Quintín castañas ó rolín. [10]
  • Por san Simón a xeira do cogordón. [11]
  • Por San Simón cada moneda vale un doblón.
  • Por San Simón, camiñar si, navegar non.
  • Por san Simón e por san Xudas, mata ó teu porco e atesta as túas cubas.
  • Por san Simón e san Xudas, collidas as uvas.
  • Por san Simón, aperta o baldón.
  • Por san Simón o néspero se repón.
  • San Pedro e san Simón traen a chave do trebón. Asi como eles son santos, traian os trebóns mansos.
  • San Simón proba o viño e o porco san Martiño.
  • San Simón, se me pillas unha mosca, douche un millón.
  • Santiago manda o pan, san Migueliño manda o viño, san Francisco manda a landre e san Andrés o touciño.

[editar]Cantigueiro

Naquela banda do río,/ ten meu pai un castiñeiro,/ bota castañas no outono/ uvas no mes de xaneiro.

  • San Simón, san Simonciño,/ bendíceme este cordón/ que dá nove voltas/ ó redor do corazón.

  • Notas
  1.  San Simón apóstolo, 28 de outubro.
  2.  San Lucas é o 18.10 e en Mondoñedo celébranse as festas patronais.
  3.  Referido ás mareas vermellas do mexillón, que comezan nestas datas.
  4.  San Francisco, 4 de outubro.
  5.  "Barrar as cubas" é tapar calquera greta ou abertura que poida ter a cuba para asegurar a súa hermeticidade. Facíase con lama ou pez.
  6.  Os Remedios, o segundo domingo de outubro; san Roque, o 16 de agosto.
  7.  A Virxe do Pilar, 12 de outubro.
  8.  Baldón ou bandón é o tapón de cortiza ou madeira co que se tapa o burato da tapa superior dos bocois.
  9.  San Xudas, 28 de outubro.
  10.  San Quintín, 31 de outubro.
  11.  Refírese a que comeza a tempada de ir ós cogomelos.

1 oct 2012

I Festa dos Muiños. Xuntos pola Laxe.




Grazas a todos os que estiveron na festa e a todos os que lles gustaría estar e non poideron vir.
 O día estivo radiante e pasámolo moi ben.








Gracias Pablo "Barco" por ser como eres. Gracias por pasar o teu tempo con nós, na Laxe.




Homens xustos, dignos, que honran as súas raíces. Estes dous fillos da Laxe son un exemplo de unión e amor pola Laxe apoiando todas as iniciativas que son boas para o noso pobo.
Grazas!!




Ricos chourizos que son unha difícil tentación... Que máis se pode pedir que comer uns chouriciños asados ao pé do río.





Grazas ao alcalde de Fornelos de Montes por apoiar esta iniciativa e compartir cos veciños da Laxe un momento tan especial coma este.




Rica empanada da Panadería Perfecto de Cuñas-Ponte Caldelas. Foron todo un eéxito.




Que podo dicir...Con eles podemos contar sempre. Grazas por todo.



Esta música ao pé do río escoitábase de maravilla. Os de Forzáns fixeronno xenial. Cantan e tocan moi ben.
Grazas veciños.





Este día deixounos belas imaxes.
Todos disfrutamos plenamente, boa comida, boa compañía e moita diversión.





Como non ía sair todo ben se contamos cos mellores cociñeiros. Dende logo non hai outros que se esforcen como eles.






Un éxito!!O pan de millo da Panadería Perfecto de Ponte Caldelas gustou moito.











 Pasamos a proba de fogo. O resultado foi moi bó e quedamos con ganas de repetir.Ata a próxima.



Fotos de Carmen Carreiro e Paula Montero