14 sept 2011

Finalizou o curso de herbas

O curso de herbas impartido por José del Río e organizado pola Asociación de Veciños O Cruceiro finalizou o mes pasado cun percorrido polos camiños da Laxe para recoñecer as plantas das que estivemos falando durante o curso e outras curiosidades.
Pasamos un rato estupendo, paseando, falando e comendo moras, en boa compañía. Tamén estiveron con nós dous alunos de galego que viven en Londres, que son do máis simpático.

1 comentario: